Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)

Rede de Aulas de Informática

 
 

Convocatoria Xeral de Bolsas de Apoio para as
Aulas de Informática dos Centros para o curso académico 2012-13

Para alumnos/as matriculados/as no presente curso académico 2011-12 nunha
 titulación de 1º ou 2º Ciclo  ou nunha titulación oficial de Grao.

Para garantir a apertura das Aulas de Informática dos Centros, fóra dos horarios de docencia, e dispoñer dun servicio de apoio e titoría, para que os alumnos poidan utilizalas na realización dos seus traballos académicos, aprendizaxe e manexo  das novas tecnoloxías, como complemento a súa formación, a Área de Tecnoloxías da Información e da Comunicación pon en marcha esta nova Convocatoria Xeral de Bolsas de Apoio.

 

RESUMO da CONVOCATORIA

 

Finalidade da convocatoria

O obxecto da presente Convocatoria Xeral de Bolsas de Apoio para as Aulas de Informática nos centros da USC é dotar as prazas de bolseiros establecidas nas Aulas de Informática de cada centro. Mediante esta convocatoria xeraranse novas listas, que substituirán ás actualmente vixentes, que permitirán a cobertura das vacantes que xurdan para o curso académico 2012-13, así como as novas bolsas que se puideran crear neste período. Por resolución do reitor, poderá prorrogarse un único curso académico máis a utilización das listas que se xeren para a cobertura de vacantes e novas prazas.

Requisitos académicos dos solicitantes

Estar matriculado no curso académico 2011-12 como alumno de 1º ou 2º Ciclo da USC ou nunha titulación oficial de Grao.

Dedicación, duración e contía da bolsa

15 horas semanais do 3 de setembro ao 31 de maio, prorrogables ata 4 cursos académicos. A contía e de 2.268 € brutos por curso académico distribuidos en 9 mensualidades de 252 €.

Selección dos candidatos

Cada bolsa está adscrita a un centro determinado. A dirección do centro nomeará unha comisión para realizar a valoración de méritos aportados por cada candidato que, xunto coa puntuación dunha proba práctica realizada pola Área TIC, única para a totalidade dos solicitantes, constituirá o baremo de elaboración da lista de aspirantes de cada centro.

Procedemento para solicitar a bolsa

Os candidatos poderán presentar solicitudes para distintos centros da USC, debendo cumprimentar unha solicitude e achegar a documentación correspondente para cada un dos centros nos que se desexe optar a unha bolsa de apoio.

O módelo de Solicitude da Bolsa, procedemento para cubrila,e documentación a presentar atópanse na páxina web http://www.usc.es/atic/rai así como toda a información desta Convocatoria.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes e documentación

Do 7 de maio ao 25 de maio de 2012 na Secretaría do centro para o que se solicita a bolsa, dirixida ao decano/director. Hora límite as 14 horas do día 25 de maio.

Proba práctica

Consistirá nun test de tipo técnico sobre distintos aspectos básicos (windows, linux,comunicacións, ofimática, servizos da rede,...). Esta proba será única para a totalidade dos solicitantes, simultaneamente nos Campus de Santiago e Lugo o venres día 25 de maio ás 17 horas, nos seguintes lugares:

  • Campus de Santiago:  Aula -A- da Facultade de
                                      C. Económicas e Empresariais.
  • Campus de Lugo:        Salón de Actos da Facultade
                                      de Ciencias.

Os bolseiros solicitantes deberán presentarse co DNI e vir provistos de lapis do Nº2 ou  HB e  goma de borrar.