Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Servizos
  4. »
  5. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
  6. »
  7. Novidades
  8. »
  9. Produto
  10. »
  11. Produto
Título:  Arte e ciencia en Galicia. A ilustración científica e técnica
Autor:  Francisco Díaz-Fierros Viqueira
ISBN:  978-84-9887-949-0
Tamaño:  20 x 25 cms.
Páxinas:  139 Ano:  2013
Prezo  18,00 €

Descrición 
Cantidade: Prezo:
Resumo: O discurso da ciencia, todo ao longo da súa historia, acompáñase a miúdo de ilustracións gráficas, sexan do propio científico ou dun artista, con límites difusos entre os dous roles. Obtense así a mellor comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación -verbal e visual- é o apoio da outra. Arte e ciencia en Galicia presenta cincuenta e cinco exemplos gráficos que levan desde o século XII ata o XX, con láminas reproducidas a color acompañadas de explicacións para situar o traballo no artístico, no científico e no cultural. Estes exemplos, diversos en épocas, temas e técnicas, evidencian que a histórica transmisión do saber mantén vivas as imaxes, ese milagre dos sentidos que serviu de inspiración a pintores e poetas pero que tamén os grandes científicos souberon encher de contido
 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto