Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Servizos
  4. »
  5. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
  6. »
  7. Novidades
  8. »
  9. Produto
  10. »
  11. Produto
Título:  Stephen Hawking. Unha breve historia do tempo
Autor:  Prólogo de José Edelstein e Jorge Mira. Tradución de Jorge Mira
ISBN:  978-84-16954-92-6
Tamaño:  17 x 24 cms.
Páxinas:  296 Ano:  2018
Prezo  15,00 €

Descrición 
Cantidade: Prezo:
Resumo:

Os clásicos —da literatura e a ciencia, da pintura, da música...— provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre exis­tisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na histo­ria da cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d’Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores; unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable; do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudi­ción, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do falecemento de Hawking, a colección «Clásicos do Pensamento Universal» enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século xx


 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto