Normas de Reserva
|
|
1ª Alta Grupo de
Investigación: Para poder reservar tempo nos espectrómetros Mercury300 e
DPX250 é necesario que o Grupo de Investigación envíe o formulario
correspondente para darse de alta no noso "Sistema de
Reservas". |
2ª Cubrir Formulario: No formulario deben anotarse tódolos usuarios (sen incluir
os de proxecto) e operadores do espectrómetro. Un operador só pode ser
alguén que superou a proba de capacitación impartida como curso na nosa
unidade. Un usuario só pode ser unha persoa que pertenza o
propio Grupo de Investigación e non esté rexistrado como membro
doutro Grupo de Investigación no noso "Sistema de Reservas", ou
sexa, non poden existir usuarios ou operadores
duplicados entre o mesmo ou distinto Grupo de Investigación. |
3ª Reservas
de turno diario (con restriccións): O
uso dos equipos "Mercury 300" e "DPX 250"
aparecen divididos en tramos de 10 minutos no periodo
de tempo comprendido entre as 8 e as 22
horas no caso do Mercury 300. No caso do DPX 250 os tramos son de 8 a 14 horas, logo tramo de mediodía de 2 horas (14 a 16 horas) e logo tramos de 10 min. de 16 a 22 horas.
Ambos teƱen tramo nocturno de 8 horas de 22 ata as 8 horas. O
tempo total reservado polos operadores dun mesmo equipo de investigación
non excederá dun tramo do número de membros do Grupo
de Investigación. Pódense facer reservas tanto para o día no que
se fai a reserva (no mercury 300 as reservas
deberán facerse antes das 18:40), como
para o seguiente, tendo en conta a restricción por número de membros mencionada.
Só se poderán cancelar ás reservas nun plazo máximo de 2
horas antes do tramo reservado. |
Importante: No caso de que vostede superase o límite de reservas
ten a opción de reservar tramos libres que se encontren a unha marxe
de 1 hora
respecto a hora
actual.
|
4ª Reservas de mediodías e
noites (sen
restriccións):
Un operador pode reservar o mediodía ou a noite de calquera día comprendido
na semana que vai desde o día de hoxe ata o equivalente ó día de hoxe da
semana seguinte, ambos incluidos. Só se poderán cancelar ás
reservas nun plazo máximo de 2 horas antes do tramo
reservado. |
5ª Reservas de festivos (sen
restriccións): A
reserva de festivos pódese realizar desde calquera día que se encontre a unha
distancia non maior de 4
días.
|
|