FAQ

Preguntas frecuentes

 

 

 

Cómo funciona o intercambio de documentos?

O intercambio de documentos xestiónase mediante a aplicación Xacus. Deberá ir á páxina principal de Xacus e dentro da área da convocatoria que lle interese premer no enlace "intercambio de documentación".

Se non o fixo antes, deberá iniciar sesión indicando o tipo e número de documento de identidade co que se rexistrou en Xacus e a contrasinal que se lle proporcinou cando se rexistrou.

No caso de non estar rexistrado en Xacus prema no enlace "Rexistrarse".

Unha vez que estea na páxina de intercambio de documentos deberá seleccionar no despregable (1) o tipo de documento que desexa subir, premer no botón "seleccionar arquivo" (2) para elixir o arquivo na súa computadora e finalmente premer no botón "Subir" (3).

No caso de que desexe achegar outra documentación non requerida na convocatoria deberá seleccionar a opción "outro documento".

Unha vez subida a documentación e logo da comprobación oportuna por parte da USC, comunicarémoslle, a través da plataforma Xacus, a recepción da mesma.